National League Central

Modelo:Competición deportivaNational League Central
Imaxe
Tipoliga deportiva Editar o valor em Wikidata
Deportebéisbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorMajor League Baseball Editar o valor em Wikidata
Parte deNational League Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Vixencia1994 – Editar o valor em Wikidata

A National League Central ou Liga Nacional Central é unha das tres divisións da Liga Nacional da Major League Baseball (MLB). Esta división foi creada en 1994 con dous equipos da National League West (os Cincinnati Reds e os Houston Astros) e tres da National League East (os Chicago Cubs, os Pittsburgh Pirates e os St. Louis Cardinals). No momento de creación da división, supoñíase que os Pirates permanecerían na NL East, mentres que os que serían trasladados eran os Atlanta Braves. Con todo, en vista a unha futura rivalidade que agardaban manter os Braves co novo equipo dos Florida Marlins, os de Atlanta pediron permanecer, sendo finalmente trasladados os de Pittsburgh. Desde aquela os Pirates teñen tentado en múltiples ocasións regresar á División Leste.[1]

No ano 1998 a División Central converteuse na división con maior número de equipos das Grandes Ligas, pasando a ser seis equipos coa chegada dos Milwaukee Brewers desde a American League Central. Para igualar o número de equipos entre divisións, no ano 2013 os Houston Astros foron trasladados á American League West. Desde a creación da división o equipo dominador son os Cardinals, os cales gañaron once títulos da mesma. Por detrás están dos Cubs con seis e os Astros con catro. O único equipo que aínda non foi quen de gañar a división son os Pirates.

  1. "Starkey: Pirates in American League' Yes!". TribLIVE.com. 16 de xuño 2011. Arquivado dende o orixinal o 06 de outubro de 2014. Consultado o 2 de marzo de 2019. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search